O NOSO PLANETA

http://elpais.com/elpais/2016/04/13/ciencia/1460584685_838437.html

Arranca a búsqueda submarina dos secretos do impacto que aniquilou aos dinosaurios.

Unha expedición perfora o Golfo de México para saber que pasou tras o impacto dun asteroide.

Se copias e pegas en google o  enlace que está ao inicio,  poderas ver a noticia, e un fantástico e sorprendente video.

 

 

Advertisements

CIDADES QUE COÑEZO

SANTO DOMINGO

por Gabriela Vizcaino Martínez.

SANTO DOMINGO

 

Santo Domingo é a capital da República Dominicana. A cidade está situada sobre o Mar Caribe, na desembocadura do río Ozama.

SANTO DOMINGO1

Ten moitos lugares interesantes como : Fortaleza Ozama, Palacio Nacional, Museo das Casa Reais, O Faro Colom…

 

Santo Domingo ten unhas praias moi fermosas:

 

CIDADES QUE COÑEZO

Camila Mosquera Villanueva 4ºB

URUGUAY1

URUGUAI

Os meus pais son de Uruguai, e tamén teño moita familia.

Oficialmente a República Oriental de Uruguai é un país de América do Sur. Limita ao norte e nordeste co estado de Río Grande do Sur (Brasil). O seu territorio, cunha superficie de máis de 176.000Km, é o segundo máis pequeno do subcontinente detrás de Suriname. Uruguai ten 19 departamentos.

Como é un país agrícola – gandeiro, consúmese principalmente a carne de vacún, séguenlle a porcina e ovina.

Entre os costumes máis tradicionais atópase o mate, que tamén comparten con outros paises da zona.

O mate é unha infusión que se prepara nun recipiente chamado mate, onde se colocan as follas secas e trituradas da herba, que se recollen na árbore do mesmo nome. Logo vértese auga quente.

Ainda que se trata dun país pequeno, existe unha gran cantidade de artistas e productores culturais de diversas liñas de traballo, tanto no país como no exterior.

A súa capital é Montevideo, e tamén é a cidade con máis poboación. A lingua oficial é o español.

É un páis moi fermoso.

CIDADES QUE COÑEZO

Dieynaba Dieng Amor 4ºB

SONY DSC

 

Eu vou a escribir sobre Senegal porque é o meu país.

A capital de Senegal é Dakar, alí fálase en francés, aínda que o máis falado é o Wolof.

Ten 13 millóns de habitantes. É unha república semipresidencialista. Ten un presidente que se chama Macky Sall. É unha democracia estable.

Senegal é un dos páises máis fermosos e divertidos de África. Unha vez fun a ver animais ao Zoo, pero o que máis me gustou foi ir á feira e montar na noria. Tamén ir a visitar a miña avoa. O que menos me gustou foi o calor que había porque non se podía facer nada e entón estaba un pouco aburrida.

CIDADES QUE COÑEZO

 

Katrina Figueroa Quintana 4ºB

PARIS-2

 

París é a capital de Francia e da rexión da Illa de Francia. Constituida na única comuna unidepartamental do país, está situada a ambos márxenes dun largo meandro do río Sena, no centro da cuenca parisina, entre a confluencia do río Marne eo o Sena, augas arriba; e o Oise e o Sena, augas abaixo.

A cidade de París, dentro dos seus estreitos límites administrativos, ten unha poboación de 2.249.975 no ano 2011.

É o destino turístico máis polular do mundo, con máis de 42 millóns de visitantes extranxeiros por ano.

Conta con moitos dos  monumentos máis famosos e admirados do  mundo, a Torre Eiffel, a Catedral de Notre Dame, a Avenida dos Campos Elíseos, o Arco do Triunfo, a Basílica do Sacre Coeur, o Hospital dos Inválidos, O Panteón, O Arco da Defensa, a Ópera Garnier ou o Barrio de Montmartre, entre outros. Tamén alberga institucións de recoñecemento mundial: O Louvre, o Museo Nacional de Historia Natural de Francia. Así como un extenso sistema de educación superior de prestigio internacional.

A min o que máis me gusta de París é: a Torre Eiffel e a Catedral de Notre Dame.

 

 

 

 

 

 

 

CIDADES QUE COÑEZO

Alba Estévez. 4ºB

El barrio de Alfama  en Lisboa, Portugal

Lisboa.

Lisboa é a capital de Portugal. Ten barrios famosos como o de Alfama , o Barrio Alto e o Chiado, neste último hai unha praza moi bonita coa estatua do escritor luso Fernando Pessoa, e o café “A Brasileria”, onde fan pasteis moi ricos como “a bola de Berlín”.

A praza de Luis de Camoes, outro escritor, foi un dos escenarios da Revolución dos Caraveis, na que se rematou cunha dictadura de xeito pacífico.

É de destacar o Mosteiro dos Xerónimos, situado no barrio do Belem, alí hai unha pasteleria cos famosos pasteis de Belem, fabricados desde 1837.

Pero, o que mais me gusta da cidade son as praias como a de Carcavelos e Estoril ou o Oceanario Vasco de gama